Liñas de financiamento

As axudas que a continuación se enumeran son as que foron publicadas nos últimos meses e que soen convocarse anualmente. Non todas seguen neste intres vixentes para poder solicitalas.

Recóllense tanto axudas e subvencións convocadas especificamente para o sector pesqueiro como outras axudas que poden ser de interese para actividades que diversifican o sector ou para actividades de transformación.

Unha das principais axudas coas que conta o sector pesqueiro é a dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro- GALP para o cumprimento dos obxectivos das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas (EDLP). A súa finalidade é fomentar o crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e apoiar a diversificación das actividades pesqueiras. Esta axuda tivo vixencia durante o período 2014- 2020, e nestes momentos está pendente de que se abra outro período de axudas que estean en liña coa nova Estratexia que cada Grupo elabore.


ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local no sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014- 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190131/AnuncioG0427-020119-0001_es.html

Outras axudas:

  • ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220523/AnuncioG0596-020522-0008_gl.pdf

  • ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220221/AnuncioG0599-040222-0003_gl.html

  • ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_gl.html

  • ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220128/AnuncioG0599-030122-0010_gl.html

  • ORDE de 15 de decembro 2021 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para inversións en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211228/AnuncioG0427-161221-0001_gl.html