ERÓLATE con nós se tes unha idea de negocio que te anda pola a cabeza e queres….

  • Emprender unha nova aventura no mar e ver mellorar o teu pobo co asentamento de novos negocios
  • Un impulso para facer realidade a túa idea de negocio relacionada co mar
  • Saber que tipo de trámites legais e administrativos hai que ter en conta para poñer en marcha a actividade
  • Deseñar un plan de viabilidade e un plan financeiro do negocio que tes en mente, e saber se é viábel
  • Saber que forma xurídica se adapta mellor ao futuro negocio
  • Informarte de cales son as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas para a actividade que queres desenvolver
  • Analizar o teu mercado e a túa competencia directa e indirecta tanto física como online
  • Obter información sobre a financiación necesaria e cales son axudas e subvencións as que se pode acceder

Con Emprendepesca obterás a axuda necesaria para darlle para diante a esa idea ou nova liña de negocio que ves pensando e que necesita dun empuxón para facela realidade. O faremos a través de titorías individualizadas, adaptándonos a calquera situación na que estea a túa nova aventura, xa sexa unha nova idea de negocio que comeza de cero, como unha idea de negocio que xa ten bagaxe e necesita dun empurrón final.

ERÓLATE con nós se queres que outras persoas emprendedoras con negocios que son casos de éxito noutros lugares, te conten como foron os seus comezos, con que barreiras se atoparon, por onde buscaron financiación, en que punto se atopan neste intres,…

En Emprendepesca faremos visitas a aquelas empresas e persoas emprendedoras que son boa práctica e que a súa actividade, ben de transformación ou de diversificación dentro do sector pesqueiro, ten cabida e demanda no territorio Emprendepesca. Das empresas que se visiten as persoas emprendedoras aprenderán dos seu triunfos e dos seus erros, e recollerán toda aquela información de primeira man e que vexan de interese para o funcionamento da súa futura empresa.