Que é Emprendepesca
Buscamos a xente motivada que teña unha idea empresarial relacionada co mar e queira enrolarse con nós para impulsar a súa iniciativa e facela realidade.
Se queres emprender no mar, tes unha iniciativa de negocio no sector pesqueiro e necesitas darlle un impulso para vela crecer no teu pobo inscríbete e ERÓLATE EN EMPRENDEPESCA… axudámoste a pensar en…
- Por onde comezar para darlle forma a túa idea
- Que xestións administrativas e legais hai que facer
- Se é viábel a idea de negocio e as súas posibilidades de éxito
- Que financiación é necesaria para facela realidade
- Cal é a forma xurídica que máis convinte
- Como te pode axudar a dixitalización para poñer en marcha o negocio
#DESCUBRIR ideas de negocio dentro do sector pesqueiro e marisqueiro.
#INNOVAR o sector con novas liñas de negocio.
#TRANSFORMAR as novas ideas e liñas de negocio en viábeis.
Emprendepesca é un proxecto conxunto entre Concello de Cedeira, Concello de Cariño e Concello de Valdoviño, financiado cunha axuda pública do GALP A Mariña Ortegal, Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca