As peixarías
As peixarías veñen a representar dentro da cadea de valor do sector pesqueiro o eslavón final. Sendo o canal de comercialización especializada de venda final ao consumidor, e que soen ser pequenos negocios polo miúdo de xestión familiar como acontece no territorio Emprendepesca.
Este sector polo miúdo do territorio basea as súas vendas nos produtos frescos, realizando as súas compras de produto fundamentalmente na lonxa directamente, e puntualmente en empresas por xunto en orixe ou destino.
Ao ser negocios tipicamente familiares, estase a producir un alto número de relevos xeracionais, competindo coas cadeas de distribución de peixe e marisco tanto fresco como conxelado, pero diferenciándose notablemente na calidade do produto, no coñecemento do mesmo e na atención que dan a súa clientela.
A hostalería
Os establecementos hostaleiros xogan un importante papel no sector pesqueiro do territorio, xa que son considerados como os altofalantes do produto de calidade que se captura na costa. A hostalería dos tres concellos son os que presentan nas mellores condicións o produto para que a clientela poida desfrutar dos seus valores nutricionais.
Cabe destacar que o sector hostaleiro converteuse na principal vía de diversificación do sector pesqueiro dentro do territorio Emprendepesca, e ven a ser unha das actividades máis beneficiosas tanto para o sector pesqueiro como para outros sectores da economía local.
A hostalería do territorio aglutina negocios que diversifican o sector pesqueiro a través da transformación dos peixes e mariscos capturados na costa. Ao mesmo tempo a hostalería dos últimos tempos introduce nas súas cartas e menús especies infravaloradas, o que Ile da valor engadido ao produto da costa con novas presentacións dos peixes e mariscos.
0 SECTOR RETALLEIRO (HOSTALERÍA E PEIXARÍAS) COMPLEMENTA E EXERCE UN EFECTO DE DIFUSIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E DOS SEUS PRODUTOS, TRADUCINDO ISTO EN OPORTUNIDADES DE NEGOCIO PARA 0 TERRITORIO.