O SECTOR PESQUEIRO É CRECEMENTO, DESENVOLVEMENTO, CULTURA, APEGO

Xeración de emprego

Crecemento territorial

Fixación da poboación

Apego pola cultura mariñeira

Desenvolvemento de outros sectores

Diversificación do sector pesqueiro

A pesca e tódalas actividades que emerxen ao redor dela xogan un papel importante no territorio como a xeración de emprego directo e indirecto, a fixación da poboación que se ve atraída pola oferta laboral e o que isto conleva (mellora das infraestructuras e dos servizos no territorio), e o desenvolvemento doutros sectores e a aparición novos negocios.
Son moitos os tipos de negocios que aparecen ao redor do sector pesqueiro, ampliando a oferta de emprego e xerando a súa vez novas oportunidades como as empresas de transformación do peixe e marisco (conserveiras, empresas de conxelado), actividades de transporte e almacenamento de peixe e marisco,  os obradoiros de aparellos de pesca e marisqueo, as empresas que xorden a carón do patrimonio e a cultura mariñeira para a súa difusión e posta en valor, e un longo etc.
Nos últimos tempos e como resposta tanto á adaptación do sector as demandas do mercado, como a preocupación pola conservación da cultura pesqueira e marisqueira, están xurdindo novas ideas, actividades empresariais e oportunidades de negocio.

A cultura e tradición do sector pesqueiro e mariñeiro ten unha pegada moi importante na poboación do territorio. Para garantir que isto non se perda e perdure no tempo, van xurdindo novas oportunidades de negocio sustentábeis, innovadoras e adaptadas as novas necesidades tanto do sector como da demanda. Estas novas posibilidades dentro do sector veñen a axudar a diversificalo e facelo atractivo, vendo nel multitude de oportunidades viábeis que teñen cabida no territorio e que o poñen en valor de forma sostible.