A transformación no sector pesqueiro

O sector pesqueiro procura alternativas para aumentar os seus ingresos, mellorar a calidade de vida do seu territorio e elevar o número de empregos.

Para acadalos e progresar económica e socialmente, o sector pesqueiro decántase pola súa diversificación e polo desenvolvemento de actividades complementarias que veñen a reforzar a economía das vilas e o asentamento da poboación.

O proceso de transformación ocupa un lugar moi importante na actividade económica da pesca. Este alcance vese reflexado na existencia de numerosas empresas dedicadas a produción conserveira e a transformación de peixe, crustáceos, moluscos e calquera outro recurso mariño. A produción de alimentos que son alternativos, a base de peixe ou marisco cada vez está mais presente no sector, ofrecendo produtos moi novidosos e moi aceptados polo consumidor.

As algas mariñas conteñen ata 10 veces máis calcio que o leite

0 sector do territorio de Cedeira, Cariño e Valdoviño ten un amplo abano de oportunidades para traballar no desenvolvemento de novas actividades ou novas liñas de negocio a través do aproveitamento sostible do produto de calidade que a súa costa ofrece.

Oportunidades de negocio: Transformación e diversificación

O territorio Emprendepesca conta con diferentes oportunidades de negocio relacionadas co sector do mar. Alternativas que o fan innovar e acadar ser máis competitivo como son as iniciativas dentro da transformación dos produtos pesqueiros, ou as novas propostas que fan diversificar o sector dentro do turismo e a artesanía.

A complementaridade con outros sectores é fundamental para o xurdir de novos negocios dentro do sector, e a súa adaptación as novas esixencias do mercado.

Os ámbitos nos que se detectaron as oportunidades de negocio para os concellos do territorio Emprendepesca recollen a seguinte información:

  • Nome: denominación da oportunidade de negocio
  • Ámbito que cubre: transformación do sector, diversificación do sector a través do turismo, hostalería, hospedaxe, ou artesanía.
  • Xustificación da oportunidade: establecemento dos argumentos, datos e tendencias que xustifican a oportunidade.
  • Xustificación da oportunidade de negocio para o territorio: acreditación de datos que xustifican a súa creación dentro do territorio.
  • Aspectos clave: obxectivos e aspectos esenciais que ten que cumprir a nova oportunidade.

ÁMBITO: TRANSFORMACIÓN

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: A demanda de novos produtos elaborados de peixe e marisco con novos sabores e texturas, fan xurdir novas iniciativas gastronómicas.

A oportunidade do nacemento de negocios de transformado que ofrezan produtos elaborados con descartes de peixe e marisco da costa como por exemplo: salsas, caldos, fumet, frituras ou snacks, patés de peixe ou marisco, ou procesados que mesturen o peixe e o marisco como as croquetas ou as albóndegas.

Desta idea nace a transformación do produto de forma artesanal, pero innovando no resultado final con novas texturas e sabores.

Este produto transformado pódese ofrecer tanto a restaurantes como a particulares, destacando que é un produto de calidade e saudable e que se pode ofertar durante todo o ano.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Existencia de poucas iniciativas de transformación de peixe e marisco
  • Novas oportunidades atractivas para as novas xeracións
  • Dar resposta a unha demanda que crece e preocupada polo que come

ASPECTOS CLAVE:

  • Ampliar as opcións de consumo de peixe e marisco
  • Fomentar o consumo de peixe e marisco local de forma diferente
  • Ser precursores do produto de calidade e saudable
  • Aumentar o consumo de peixe e marisco local
  • Contar co produto local da pesca e do marisqueo
  • Ser precursores da gastronomía saudable, de calidade e innovadora
  • Dirixir o produto a un amplo abano de clientela (mozos, terceira idade,…)

ÁMBITO: TRANSFORMACIÓN

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: A demanda de peixe en outros formatos fáciles de preparar é cada vez maior, xa que os novos hábitos de vida fan que querendo consumir alimentos saudables, o consumidor non atopa en moitos casos que este produto garanta a calidade e sabor.

O consumidor de hoxe en día busca a practicidade e conveniencia, valorando e dándolle máis importancia ao seu tempo libre, e que polo tanto demanda deste xeito formatos que lle fagan doado a preparación do peixe.

Pequenos negocios de fileteado de peixe limpo e preparado fai ampliar os formatos e presentacións deste produto, e cubre as necesidades dun público latente que conta con pouco tempo e necesita que se lle faga doado cociñar.

Estes pequenos negocios de fileteado contaría co mellor produto do territorio capturados na costa e comprado nas lonxas locais, garantindo deste xeito a frescura, calidade e que sexa un produto saudable. E tería como clientela tanto a restaurantes da zona como a particulares que buscan un produto de calidade, saudable e de km0, contribuíndo por outra banda a economía local.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Existencia de poucas iniciativas de transformación e manipulación de peixe
  • Ofrecer novas oportunidades de negocio as novas xeracións
  • Dar resposta a unha demanda con necesidades diferentes e que busca calidade no produto

ASPECTOS CLAVE:

  • Ofrecer mais opcións de consumo de peixe en novos formatos
  • Coidada selección da materia prima (calidade- frescura- saudable)
  • Rápida e coidada manipulación do produto
  • Fomentar e invitar ao consumo de peixe local en outros formatos

ÁMBITO: TRANSFORMACIÓN

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: O aumento da preocupación pola saúde e por levar un bo hábito de vida, fixo que outros produtos do mar cun alto valor nutricional pasasen a ser parte da dieta en moitos fogares, como son as algas mariñas.

No territorio Emprendepesca existen diferentes bancos naturais de algas dos que se pode extraer algas que son aptas para o consumo humano.

Esta oportunidade abarca tanto a recolecta da alga, como o seu cultivo para evitar o impacto ambiental, aínda que é un produto que se renova cada ano.

Este produto transformado pódese vender a restaurantes e a particulares, como súper alimento que se pode ofrecer durante todo o ano.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Existencia de poucas iniciativas de transformación de produtos do mar
  • Novas oportunidades innovadoras para as novas xeracións
  • Ofrecer produtos acordes cos novos hábitos alimentarios
  • Ampliar as oportunidades laborais no sector do mar

ASPECTOS CLAVE:

  • Ampliar as opcións de consumo de produtos do mar con novos produtos
  • Ser precursores da innovación no sector do mar
  • Contar con produto local

ÁMBITO: DIVERSIFICACIÓN- HOSPEDAXE

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: Cada ano nos concellos do territorio Emprendepesca son máis os turistas que se achegan a pasar uns días ou unha tempada. Pero este aumento no vai parello á adaptación e aumento da oferta de aloxamento de todo tipo, dende hoteis, hostais, pensións, campings, etc. Esta falta de aloxamento no territorio fai necesario a posta en marcha de novos establecementos que respondan a demanda e cubran esta necesidade.

  • Dentro desta tendencia a alza, existe un aumento do turista de cámping, que procura este tipo de establecementos para poder desfrutar da súa estancia. Este tipo de turistas procura establecementos que no so ofrezan o aloxamento senón que teñan unha oferta de actividades de lecer e ocio que estean ligadas a dar a coñecer o territorio que elixiron, a súa historia, cultura, etc. Por esta tendencia vese unha oportunidade para o territorio contar con establecementos deste tipo e que acheguen ao turista a historia e a cultura mariñeira dos pobos a través de actividades relacionadas co mar e co litoral costeiro.
  • Pero este aumento o número de turistas non só se da en tempada estival, senón que tamén noutras épocas do ano. Os turistas que veñen atraídos polo territorio e o que nel se ofrece, e procuran establecementos de hospedaxe que ofrezan algo máis que o aloxamento, como as experiencias no territorio e somerxerse na cultura e na tradición do lugar que visita. Por elo, é unha oportunidade para o territorio ofrecer aloxamento con oferta de experiencias de lecer ou lúdica relacionada coa tradición mariñeira e o mar e que de a coñecer a súa historia, como son as actividades náuticas as rutas interpretadas en barco ou a pé para coñecer o litoral costeiro, o traballo nas rochas dos percebeiros, a saída dos barcos a faenar, coñecer as especies e aves mariñas, ata actividades culturais como a visitas a diferentes espazos patrimoniais relacionados co mar para dar a coñecer a historia mariñeira do pobo.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Aumento do número de turistas no territorio en todas as épocas do ano
  • Oferta de aloxamento insuficiente para dar cabida ao aumento no número de turistas
  • Aumento da pernoita extrahoteleira
  • Turista e visitante que busca aloxamento, que ofreza lecer e ocio
  • Crecente demanda do turismo cultural e de natureza en todas as épocas do ano

ASPECTOS CLAVE:

  • Incrementar as prazas de aloxamento e ofrecelas durante todo o ano
  • Fomentar o turismo mariñeiro xunto a outras actividades vinculadas co mar como experiencias para ofrecer ao turista e visitante
  • Potenciar o consumo de peixe e marisco local a través de actividades de lecer e ocio
  • Establecer vías de colaboración con outras empresas do territorio para ofrecer servizos compartidos

ÁMBITO: DIVERSIFICACIÓN- TURISMO

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: O auxe do turismo de observación de aves e especies mariñas, as visitas aos cantís do litoral costeiro, a extracción de marisco polos percebeiros e mariscadoras, etc. é unha boa oportunidade para ver aparecer novas de liñas de negocio novidosas que teñen cabida no vasto territorio que comprende os tres concellos Emprendepesca. Polo que se ve viábel as ideas de negocio relacionadas co desfrute da paisaxe mariñeira en xeral que ten o territorio.

Os paseos en barco para avistar as aves mariñas, observar os cantís da costa, as praias e calas así como o traballo das mariscadoras e percebeiros, son un bo reclamo para aqueles turistas e visitantes locais que buscan un ocio relacionado co mar e a natureza e que lle dean a coñecer o territorio e a súa historia.

A oferta de actividades en barco dependen das características climatolóxicas e do estado da mar. Pero se poden ofrecer case os mesmos servizos dende terra, a través de rutas por terra nas que se podan observar os mesmos recursos mariños dende outra perspectiva. E contar a historia do pobo ou vila relacionada co mar, os oficios mariñeiros, o traballo no porto pesqueiro, os traballos mariñeiros na terra, etc.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Aumento do lecer e ocio relacionado coa natureza
  • Oferta insuficiente de ocio innovadora relacionada coa natureza
  • Existencia dun grupo de turistas e visitantes cunhas necesidades non cubertas no territorio
  • Crecente demanda de actividades que dean a coñecer o territorio, a súa cultura e tradición

ASPECTOS CLAVE:

  • Obter unha oferta de ocio e lecer relacionada co patrimonio pesqueiro do territorio
  • Fomentar o turismo mariñeiro xunto a outras actividades vinculadas co mar
  • Aproveitar de forma sustentable o patrimonio e cultura relacionada co mar
  • Establecer vías de colaboración con outras empresas do territorio para ofrecer servizos compartidos

ÁMBITO: DIVERSIFICACIÓN- HOSTALERÍA

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: Sendo vilas mariñeiras as que conforman o territorio Emprendepesca e contando con lonxas de venta de pescado e marisco fresco e de calidade, vese como oportunidade de negocio para este territorio contar con restaurantes innovadores que ofrezan un concepto novo e unha experiencia gastronómica aos seus comensais, pero con produtos de proximidade e neste caso produto pesqueiro local.

Acorde coa tendencia de que o consumidor quere saber a orixe do produto que vai comer e incluso escollelo, fai viábel para o territorio contar con establecementos con cetaria ou viveiro e restaurante, locais onde se poda escoller o produto, ver como se cociña e despois desfrutar del, facendo disto unha experiencia gastronómica.

Contando con produto da pesca do día das lonxas locais, os visitantes e turistas do territorio esperan atopar negocios hostaleiros que rendan homenaxe a este produto de calidade, nos que se ofreza poder escoller o produto fresco e vivo, e a súa degustación con receitas que mesturan o tradicional co innovador.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Tímida existencia deste tipo de negocios no territorio
  • Crecemento da demanda de consumo de produto local e de calidade
  • Escasa oferta de establecementos gastronómicos especializados

ASPECTOS CLAVE

  • Combinar a innovación gastronómica coa cultura mariñeira do territorio
  • Ofrecer produtos innovadores, garantindo a calidade, frescura e o sabor
  • Potenciar o consumo de peixe e marisco local
  • Contar co persoal axeitado e cualificado

ÁMBITO: DIVERSIFICACIÓN- ARTESANÍA

XUSTIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE: A tradición redeira do territorio e a necesidade deste traballo para o sector pesqueiro fan que a figura das redeiras siga existindo para dar o seu servizo. Pero para a supervivencia desta profesión feminizada é necesario atopar novas oportunidades laborais que lles permita obter máis ingresos.

A nivel galego existe a tendencia de diversificación do sector das redeiras, a través da elaboración de produtos deseñados con redes. Pero esta tendencia non se está a desenvolver no territorio Emprendepesca, o cal conta con varias asociacións de redeiras (Cariño e Cedeira).

Por elo e co fin de obter un sector diversificado que faga mais doado a súa continuidade vese a oportunidade de que ofrezan produtos elaborados de forma artesanal con redes de pesca as que xa non se lles pode dar uso no sector, e poder comercializalos.

Os produtos que se deseñasen poderían ser artigos de moda como a roupa, os complementos (bolsos, cestos, pendentes, pulseiras, colares, etc) ou ben artigos de decoración (lámpadas, revisteiros, maceteiros, felpudos, alfombras.

XUSTIFICACIÓN PARA O TERRITORIO EMPRENDEPESCA:

  • Aumento do valor polos produtos artesanais
  • Consumo ascendente de produtos artesáns.
  • Relevo xeracional no sector das redeiras.
  • Escasas ou residuais iniciativas deste tipo no territorio

ASPECTOS CLAVE:

  • Ofrecer alternativas ao sector das redeiras
  • Captar xente nova para o relevo xeracional no sector
  • Utilizar os métodos artesanais na elaboración do produto
  • Dar unha segunda vida as redes e contribuír co coidado do medio ambiente e mariño