EI Tranvía I do Mar: educando a beira do mar
CENTRO DE EDUCACIÓN VINCULADO AO MAR
Para poder dar un mellor servizo as familias do pobo de Bueu, os promotores deciden transformar a antiga escola infantil que estaba en funcionamento por unha nova, con maior amplitude e novidosos servizos.
Este novo centro conta con máis prazas para nenos de 0 a 3 anos, amplas e luminosas aulas, salas de usos múltiples, cociña, vestiario, recepción e almacén, servizo de comedor, parque exterior privado amplo e conta cun horario amplo para adaptarse as necesidades dos usuarios.
Este novo centro créase cunha característica moi especial e diferente, xa que a súa actividade e os servizos que se dan vincúlanse directamente co mar.
O novo proxecto ten como base a transmisión da tradición mariñeira ás novas xeracións, a educación para o coidado da biodiversidade mariña, dos recursos do mar, e divulgar a cultura mariñeira entre os mais novos.
Os obxectivos fundamentais do cambio e transformación do centro educativo son a recuperación das tradicións mariñeiras e da educación responsable dos mais novos para o coidado do mar. Pero a isto únese a importancia que para os promotores teñen os avós e avoas dentro da familia. Para elo e co fin de que sexan eles os que transmitan a cultura mariñeira e ao coidado do medio mariño aos mais pequenos, contan coa colaboración da Confraría de Pescadores de Bueu e con Pescadoira Centro de Día.
eitranvia.com/
Coste do proxecto: 254.552,74 € Axuda pública: 114.548,73 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca
Lama e Lume: cerámica do mundo pesqueiro e mariñeiro
FABRICACIÓN DE PRODUCTOS CERÁMICOS
Posta en marca dun taller de cerámica artesanal vinculado na súa decoración e no deseño dos produtos ao mundo e entorno mariñeiro e pesqueiro.
As técnicas que se utilizan neste obradoiro son por unha parte en torno oleiro, outras con moldes de escaiola e outras con modelado artístico. Tamén se desenvolven cursos monográficos para aquelas persoas que que se inician no mundo do deseño en cerámic.
A liña de cerámica que se desenvolve é contemporánea e se vincula ao mundo do mar no seu deseño, e ao Camiño Inglés, xa que por Miño, lugar onde se asenta o obradoiro, pasa o Camiño Inglés dende Ferrol.
Para cometer este proxecto rehabilítase un baixo que se utiliza como obradoiro artesanal, adquírese a maquinaria necesaria como un forno eléctrico e un torno, así como equipamento de diversa índole para o obradoiro e equipamento informático. Dentro do proxecto e da súa idea, se deseña unha páxina web e se activan redes sociais para amosar e poder comercializar o produto elaborado.
lamaelume.com/
Coste do proxecto: 22.784,91 € Axuda pública: 9.968,62 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca