Ciclo- Ría: posta en valor do patrimonio e da cultura mariña

DEPORTE E TURISMO EXPERIENCIAL

Ciclo- Ría nace co o obxectivo de mellorar e ampliar a oferta de turismo activo e de experiencias do territorio, e con elo poñer en valor o patrimonio e recursos naturais vencellados ao mar, e dar a coñecer a nosa cultura.

Con esta actividade de cicloturismo auméntase a oferta de actividades de ocio sustentable e responsable co medio ambiente na zona. Ofrecendo a través de rutas en bicicleta un percorrido polo litoral.

Os servizos que se ofrecen son 3:

  1. Paseso de medio día, cunha duración de aproximadamente 4 horas e con opción a picnic.
  2. Rutas de día completo, cunha duración aproximada de 8 horas, con comida e bebida e furgoneta de apoio.
  3. Rutas a medida, nas que a clientela elixe a ruta e as características da mesma.

Voltamontana.com/

Coste do proxecto: 41.145,76 €

Axuda pública: 14.942,14 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

O Chasula- Aula Taller: a embarcación, o lugar para promocionar a cultura mariñeira

RECUPERACIÓN DAS TRADICIÓNS E PATRIMONIO

Proxecto empresarial que a través da recuperación e restauración da imaxe orixinal dunha embarcación, pretende recuperar os elementos patrimoniais marítimos. A embarcación O Chasula está disposta para o desenvolvemento de actividades innovadoras relacionadas coa promoción socio cultural das actividades do mar e da pesca artesanal, baixo a explotación sustentable.

O Chasula adáptase como aula- taller desenvolvéndose actividades relacionadas co turismo etnográfico, itinerarios marítimos, pesca deportiva e xornadas de degustación de peixes e mariscos da costa.

Tendo como base a sustentabilidade os seus promotores pretenden recuperar elementos patrimoniais marítimos. E para elo desenvolven actividades innovadoras relacionadas con la promoción socio cultural, actividades no mar e pesca artesanal.


intramar.org/rutasdelchasula

Coste do proxecto: Non hai datos

Axuda pública: Non hai datos

After Surf: complexo turístico deportivo

ACTIVIDADES NÁUTICO - DEPORTIVAS

Co o obxectivo de tentar paliar a estacionalidade impúlsase un novo concepto de turismo cunha oferta de actividades vencelladas ao mar

No complexo turístico de After Surf ofrécense diferentes servizos como aloxamento, alimentación saudable, práctica do deporte, desfrute da natureza e lecer.

Pretendendo con esta oferta fusionar tres conceptos a hostalería, o deporte e o mar.

O que After Surf difunde é a integración dentro dun complexo turístico que ofrece tres actividades complementarias entre si. E que pretenden dar as maiores opcións posibles para a comodidade da clientela.

  1. Hostalería saudable: na que se ofrece produto do mar e de proximidade xunto a outras opcións.
  2. Pensión: para dar aloxamento tanto a aquelas persoas que participen en actividades organizadas pola empresa, como a persoas que veñan a desfrutar do emprazamento.
  3. Escola de deportes náuticos: adaptada a persoas con diversidade funcional e con espazos para realizar exercicios a beira do mar. A clientela pode elixir entre diferentes opcións de práctica deportiva sempre relacionada co mar como son a práctica de surf, o paddle surf e surf skate.

En todas as actividades que se desenvolven realízase divulgación e sensibilización para desfrutar do mar de forma sustentable, con información sobre o medio mariño as especies que nel viven e o coidado que merecen.


after.surf

Coste do proxecto: 510.896,25 € 

Axuda pública: 200.000 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

Piragüilla: actividades de turismo mariñeiro e deporte de aventura

ACTIVIDADES NÁUTICO - DEPORTIVAS

Piragüilla nace do esforzo de dous promotores, Marta Iglesias e Arturo Paz, que emprenden esta idea no ano 2005 coa intención de diversificar o sector do marisqueo a pé, ao que se dedicaba un deles.

Marta e Arturo son deportistas que contan con formación en piragüismo e están comprometidos coa vida saudable. Estes dous emprendedores teñen a idea de aproximar o turismo activo ao deporte, o ocio e a aventura, e desta idea integradora nace Piragüilla.

Unha das súas ideas iniciais é a de achegar a turistas e escolares a forma da vida da xente do mar, para que non se perda a tradición e cultura mariñeira.

A premisa coa que comezan de achegar a cultura do mar as xentes a realizan a través de excursións en kaiak ás bateas da zona para ver o proceso do cultivo do mexillón, talleres de marisqueo, rutas en bici, snorkel, talleres de cociña, etc

Piragüilla é unha empresa especializada en turismo mariñeiro e deportes de aventura que promove, tendo como máxima a conservación do medio ambiente, que a xente se achegue á forma de vida que se vinculan ao mar.

Piragüilla e os seus promotores están en constante evolución, ofrecendo cada temporada novas experiencias a súa clientela, non descoidando por elo a calidade para que a clientela saia coas expectativas superadas. Por elo apostan pola innovación e ser diferentes ao resto, ofrecendo un turismo dixitalizado e coidadoso co medio ambiente. Un dos puntos diferenciais da empresa, é que ofrecen actividades no inverno e en calquera época do ano axudando a desestacionalizar o sector, como rutas en bicicleta ou as rutas en paddle.


piraguilla.com/

Coste do proxecto: Non hai datos

Axuda pública: Non hai datos