Marmar Outdoor: actividades de turismo relacionadas co mar
ACTIVIDADES NÁUTICO - DEPORTIVAS
Os promotores desta empresa, deportistas dedicados a competición en carreiras de aventura e orientación, danse conta de que no seu territorio existe unha demanda relacionada co turismo que non está cuberta. Desta necesidade xurde esta idea que pretende cubrir un oco no sector do turismo activo, ofrecendo actividades de ocio relacionadas co mar e que conxugan natureza e deporte.
Entre as actividades que se ofrecen están: actividades náuticas de kaiak de mar, actividades de rutas de sendeirismo guiadas, eventos deportivos no medio natural e acuático, microeventos relacionados co mar e co kaiakismo, campamentos de verán. As diferentes actividades que se ofertan pretenden poñer en valor o litoral do territorio de A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
O turismo activo que promove esta iniciativa é o que se decanta polo coñecemento do territorio costeiro, polo aproveitamento dos recursos patrimoniais que están vencellados ao mar e os que se relacionan co Camiño de Santiago.
Dentro da súa oferta tamén se atopan os plans de lecer con aloxamento, actividades deportivas, transporte as actividades, e actividades para poder facer en grupo.
É unha iniciativa novidosa dentro do territorio onde se implanta, xa que é moi escasa a oferta de empresas do sector turístico que ofrecen ese tipo de actividades.
Conta con páxina web na que se ofrece información de todas as actividades que desenvolve a empresa, e conta con tenda online na que se pode mercar produtos para actividades de orientación e roupa.
marmaroutdoor.es/
Coste do proxecto: 46.6177,60 € Axuda pública: 18.6471,03 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca