Peixes e Mariscos Nero: aproveitamento dos descartes
PATÉS ARTESANAIS
Iago con 26 anos e xa con 10 anos a bordo de diferentes barcos coma mariñeiro, agora é propietario da súa propia embarcación, María Piedad Dos na que sae todos os días pola ría de Muros e Noia procurando as mellores pezas de peixe e marisco e levalas a peixaría que rexenta.
Durante a pandemia e como pasou con outras actividades, veu mermada a súa actividade como consecuencia da baixada dos prezos do peixe e do marisco, momento no que comeza a pensar como pode salvar o negocio e saír reforzado.
Sabe que á semana ven tirando 50kg de descartes ou pezas con danos como o polbo con patas rotas e centolas que ían morrer. Este produto tendo a mesma calidade que o resto, non é apto para poñer a venta, e por elo este emprendedor decídese a ampliar o negocio da peixaría que rexenta introducindo unha nova liña de produtos, a elaboración de patés.
Os patés son elaborados de forma totalmente artesanal, comercializando os de polbo á galega, choco na súa tinta e de centola.
E ampliarase con outra variedade de patés como os de algas, de ourizos e de mexillóns.
Iago deste xeito consegue darlle saída aos produtos que captura e que teñen unha pronta caducidade ou non se poden poñer a venta. E observando a boa aceptación dos patés amplía o negocio e pon a venta albóndegas elaboradas con descartes de centola e de camarón.
facebook.com/peixesemariscosNERO/
Coste do proxecto: Non hai datos Axuda pública: Non hai datos