La Bayonnaise 1803: galeón con cociña elaborada e exposición de patrimonio subacuático

COCIÑA DE ESPECIES INFRAVALORADAS

Recollendo a cultura e patrimonio local relacionado co mar, ábrese un negocio de restauración recreado nun galeón naufragado no ano 1803 (La Bayonnaise) fronte a costa de Fisterra. A decoración deste establecemento está dedicada ao patrimonio subacuático da localidade e ao naufraxio do galeón que foi construído como buque corsario.

O produto que ofrece diferénciase do resto dos establecementos de restauración por apostar polo consumo de especies do mar infravaloradas transformándoas a través dunha cociña elaborada, como a cabala, o xurelo ou a raia.

Tamén innovan nos seus pratos introducindo as algas como ingrediente.

O seu promotor aposta por poñer en valor especies infravaloradas como a cabala, o congro, e ofrece tamén polbo en diferentes modalidades, coa intención de que a clientela o valore ao igual que outros pescados e mariscos que están máis recoñecidos.

Con esta tipoloxía de restaurante non so se ofrece o servizo de restauración, senón que tamén se quere transmitir o contido do patrimonio subacuático local de Fisterra. Pretendendo deste xeito facer unha homenaxe a aquelas persoas que perderon a vida ou sufriron un accidente marítimo.

Na Bayonnaise tamén se fai promoción e difusión das rutas dos naufraxios en Fisterra.


 labayonnaise.com/

Coste do proxecto: 84.327,01 €

Axuda pública: 32.450,53 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca