Cholita Corme: as redes de pesca reconvertidas

A SEGUNDA VIDA PARA AS REDES E AS REDEIRAS

O proxecto comeza coa creación da marca sostible Cholita Corme que confecciona bolsas tradicionais que recordan as que levaban as avóas e orixinais bolsos, coa reutilización de redes de pesca dos barcos.

Pero Cholita Corme non se queda só na confección de bolsas e bolsos feitos con redes. Senón que amplía a súa liña de produtos e xa fabrica artigos como lámpadas, cadeiras, hamacas e equipamento e mobiliario urbano como bancos, aparca bicicletas, xardineiras, placas de rexistro de saneamento, luces de nadal...

Con este proxecto empresarial ademais de poñer en valor o traballo das redeiras, fomentase a economía circular e se revaloriza e diversifica o oficio tradicional das redeiras, sendo elas o eixo principal da empresa.


cholita.gal/

Coste do proxecto: Non hai datos

Axuda pública: Non hai datos

velas

Estudo e tenda de decoración: reutilización de produto do mar

COMERCIO RETALLEIRO E REUTILIZACIÓN

O promotor decide ampliar o seu negocio de venta de cociñas introducindo produtos complementarios artesanais relacionados co mar.

Para marcar diferencia con outros establecementos introduce dentro da súa oferta produtos relacionados co mar, reutilizándoos como artigos de decoración, ou ben utilizándoos para a fabricación de mobles e elementos decorativos.

O resultado é a elaboración para a venta de produtos e artigos diferentes e exclusivos. Coa oferta deste produtos preténdese promover o sector pesqueiro, difundir a cultura mariñeira e transmitir a importancia do coidado do medio mariño a través da reutilización.

Os artigos e produtos que se elaboran e se ofrecen son: fabricación de velas con produtos e olores mariños en envases de conservas; fabricación de mobles de cociña con panel mariño fenólico de 19 mm específico para o mar. Para a fabricación de artigos de decoración recíclanse as cadeas e redes mariñas que xa non teñen uso ou se atopan rotas e non valen para arranxar.

Tamén e como complemento véndense conservas de calidade de mexillóns, berberechos e navallas.


Coste do proxecto: 126.874,20 €

Axuda pública: 57.093,39 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

EI Tranvía I do Mar: educando a beira do mar

CENTRO DE EDUCACIÓN VINCULADO AO MAR

Para poder dar un mellor servizo as familias do pobo de Bueu, os promotores deciden transformar a antiga escola infantil que estaba en funcionamento por unha nova, con maior amplitude e novidosos servizos.

Este novo centro conta con máis prazas para nenos de 0 a 3 anos, amplas e luminosas aulas, salas de usos múltiples, cociña, vestiario, recepción e almacén, servizo de comedor, parque exterior privado amplo e conta cun horario amplo para adaptarse as necesidades dos usuarios.

Este novo centro créase cunha característica moi especial e diferente, xa que a súa actividade e os servizos que se dan  vincúlanse directamente co mar.

O novo proxecto ten como base a transmisión da tradición mariñeira ás novas xeracións, a educación para o coidado da biodiversidade mariña, dos recursos do mar, e divulgar a cultura mariñeira entre os mais novos.

Os obxectivos fundamentais do cambio e transformación do centro educativo son a recuperación das tradicións mariñeiras e da educación responsable dos mais novos para o coidado do mar. Pero a isto únese a importancia que para os promotores teñen os avós e avoas dentro da familia. Para elo e co fin de que sexan eles os que transmitan a cultura mariñeira e ao coidado do medio mariño aos mais pequenos, contan coa colaboración da Confraría de Pescadores de Bueu e con Pescadoira Centro de Día.


eitranvia.com/

Coste do proxecto: 254.552,74 €

Axuda pública: 114.548,73 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca