ACTIVIDADES NÁUTICO – DEPORTIVAS

Piragüilla nace do esforzo de dous promotores, Marta Iglesias e Arturo Paz, que emprenden esta idea no ano 2005 coa intención de diversificar o sector do marisqueo a pé, ao que se dedicaba un deles.

Marta e Arturo son deportistas que contan con formación en piragüismo e están comprometidos coa vida saudable. Estes dous emprendedores teñen a idea de aproximar o turismo activo ao deporte, o ocio e a aventura, e desta idea integradora nace Piragüilla.

Unha das súas ideas iniciais é a de achegar a turistas e escolares a forma da vida da xente do mar, para que non se perda a tradición e cultura mariñeira.

A premisa coa que comezan de achegar a cultura do mar as xentes a realizan a través de excursións en kaiak ás bateas da zona para ver o proceso do cultivo do mexillón, talleres de marisqueo, rutas en bici, snorkel, talleres de cociña, etc

Piragüilla é unha empresa especializada en turismo mariñeiro e deportes de aventura que promove, tendo como máxima a conservación do medio ambiente, que a xente se achegue á forma de vida que se vinculan ao mar.

Piragüilla e os seus promotores están en constante evolución, ofrecendo cada temporada novas experiencias a súa clientela, non descoidando por elo a calidade para que a clientela saia coas expectativas superadas. Por elo apostan pola innovación e ser diferentes ao resto, ofrecendo un turismo dixitalizado e coidadoso co medio ambiente. Un dos puntos diferenciais da empresa, é que ofrecen actividades no inverno e en calquera época do ano axudando a desestacionalizar o sector, como rutas en bicicleta ou as rutas en paddle.


piraguilla.com/

Coste do proxecto: Non hai datos

Axuda pública: Non hai datos