ALOXAMENTO E EXPERIENCIAS MARIÑEIRAS
Hotel que potencia o turismo tranquilo, de inmersión na cultura local e o contacto coa natureza. A través das actividades que ofrece ven a poñer en valor o patrimonio cultural e marítimo sempre dende unha perspectiva sustentable e tendo en conta a inclusión social.
Ofrece hospedaxe con experiencias únicas á clientela, involucrándoa coa necesidade de coidar os recursos e velar polo seu mantemento, como son: as rutas planificadas con mariscadores/as e pescadores/as locais; taller de achegamento a cultura mariñeira; viaxe pola vida dos/as mariscadores/as, coñecendo ao detalle a súa xornada laboral, aprendizaxe das artes de marisqueo e as especies que se capturan na costa.
A actividade coas mariscadoras faise cun acompañamento ao longo do proceso completo a pé de ría e costa, dende a sembra ata a súa comercialización, e faise entender as complexidades e riscos deste arte. Para entender o funcionamento do faro e a súa importancia realizan a ruta Faro Vilán. Na costa, faise un percorrido pola historia dos naufraxios.
Xunto a estas actividades tamén ofrecen a práctica de deportes no mar: paddle surf, surf, vela, kayak, windsurf; gastroexperiencias: tour gastronómico con visita ao mercado, compra de produto e elaboración do menú e a súa degustación, e showcookings.
omardepreciosa.com/
Coste do proxecto: 298.511,32 € Axuda pública: 104.851,87 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca