CONSERVAS ARTESAIS
A limitación que supoñía a comercialización do percebe exclusivamente fresco, viuse como nunha oportunidade se o percebe se trataba e transformaba para ofrecelo en conserva.
27 percebelleiros/as, únense para atopar unha alternativa que complemente a súa actividade de extracción do percebe, conseguíndoa coa transformación e a conservación deste produto.
Así, unido a comercialización do percebe fresco, crean novos produtos derivados: percebe natural enlatado con e sen uña, paté de percebe con e sen algas mariñas.
Para a elaboración destas novas liñas de produto fan uso do percebe de menor valor comercial, como son aqueles de menor tamaño e que comercialmente son menos demandados ou non teñen saída.
Xunto ao percebe ven outra alternativa no ourizo de mar, ampliando con este recurso a liña de produtos introducindo: ovas de ourizo ao natural, paté de ourizo e paté de ourizo con percebe.
Coste do proxecto: 131.667 € Axuda pública: 30.726,19 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca