ALGAS COMESTIBLES

Sergio promotor deste proxecto ve na vida mariña das Rías Baixas unha oportunidade, concretamente nas súas algas. Deste xeito decide percorrer o mundo para investigar sobre as algas e o mar, e poder aproveitar este valioso produto potenciando o seu uso na cociña.

As algas teñen un valor engadido e son consideradas un superalimento. Dos produtos que son recollidos e posteriormente transformados destacan: wakame, leituga de mar, codium, kombu, espagueti de mar, trufa de mar e fucus.

O codium fresco trabállase case todo o ano, recolléndose cada semana, o resto do ano se ofrece en salazón. O produto máis traballado é o wakame en salazón e o kombu. Contan tamén cunha liña de produto conxelado, onde se pode atopar o espaguete de mar e a leituga de mar, o wkame e o kombu.

A empresa conta co seu propio plan de explotación, no cal se procedimenta que as algas son recollidas a man e procesadas nas instalacións da empresa, e que deben de ser algas de proximidade, é dicir a un máximo de 100 quilómetros de distancia da empresa.

No ano 2023 comezarán a cultivalas en “batea” a través de un sistema de boias con cordas.

HQSeaweed- Capitán Alga recolle, transforma e distribúe algas ecolóxicas comestibles de orixe galego a nivel nacional e internacional, xa que noutras culturas é un produto moi demandado.


capitanalga.es/

Coste do proxecto: 140.152,51€

Axuda pública: 32.010,91€

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca