CENTRO DE EDUCACIÓN VINCULADO AO MAR
Para poder dar un mellor servizo as familias do pobo de Bueu, os promotores deciden transformar a antiga escola infantil que estaba en funcionamento por unha nova, con maior amplitude e novidosos servizos.
Este novo centro conta con máis prazas para nenos de 0 a 3 anos, amplas e luminosas aulas, salas de usos múltiples, cociña, vestiario, recepción e almacén, servizo de comedor, parque exterior privado amplo e conta cun horario amplo para adaptarse as necesidades dos usuarios.
Este novo centro créase cunha característica moi especial e diferente, xa que a súa actividade e os servizos que se dan vincúlanse directamente co mar.
O novo proxecto ten como base a transmisión da tradición mariñeira ás novas xeracións, a educación para o coidado da biodiversidade mariña, dos recursos do mar, e divulgar a cultura mariñeira entre os mais novos.
Os obxectivos fundamentais do cambio e transformación do centro educativo son a recuperación das tradicións mariñeiras e da educación responsable dos mais novos para o coidado do mar. Pero a isto únese a importancia que para os promotores teñen os avós e avoas dentro da familia. Para elo e co fin de que sexan eles os que transmitan a cultura mariñeira e ao coidado do medio mariño aos mais pequenos, contan coa colaboración da Confraría de Pescadores de Bueu e con Pescadoira Centro de Día.
eitranvia.com/
Coste do proxecto: 254.552,74 € Axuda pública: 114.548,73 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca