DEPORTE E TURISMO EXPERIENCIAL
Ciclo- Ría nace co o obxectivo de mellorar e ampliar a oferta de turismo activo e de experiencias do territorio, e con elo poñer en valor o patrimonio e recursos naturais vencellados ao mar, e dar a coñecer a nosa cultura.
Con esta actividade de cicloturismo auméntase a oferta de actividades de ocio sustentable e responsable co medio ambiente na zona. Ofrecendo a través de rutas en bicicleta un percorrido polo litoral.
Os servizos que se ofrecen son 3:
- Paseso de medio día, cunha duración de aproximadamente 4 horas e con opción a picnic.
- Rutas de día completo, cunha duración aproximada de 8 horas, con comida e bebida e furgoneta de apoio.
- Rutas a medida, nas que a clientela elixe a ruta e as características da mesma.
Voltamontana.com/
Coste do proxecto: 41.145,76 € Axuda pública: 14.942,14 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca