A SEGUNDA VIDA PARA AS REDES E AS REDEIRAS
O proxecto comeza coa creación da marca sostible Cholita Corme que confecciona bolsas tradicionais que recordan as que levaban as avóas e orixinais bolsos, coa reutilización de redes de pesca dos barcos.
Pero Cholita Corme non se queda só na confección de bolsas e bolsos feitos con redes. Senón que amplía a súa liña de produtos e xa fabrica artigos como lámpadas, cadeiras, hamacas e equipamento e mobiliario urbano como bancos, aparca bicicletas, xardineiras, placas de rexistro de saneamento, luces de nadal…
Con este proxecto empresarial ademais de poñer en valor o traballo das redeiras, fomentase a economía circular e se revaloriza e diversifica o oficio tradicional das redeiras, sendo elas o eixo principal da empresa.
cholita.gal/
Coste do proxecto: Non hai datos Axuda pública: Non hai datos