HQSeaweed- Capitán Alga: algas deshidratadas como superalimento

ALGAS COMESTIBLES

Sergio promotor deste proxecto ve na vida mariña das Rías Baixas unha oportunidade, concretamente nas súas algas. Deste xeito decide percorrer o mundo para investigar sobre as algas e o mar, e poder aproveitar este valioso produto potenciando o seu uso na cociña.

As algas teñen un valor engadido e son consideradas un superalimento. Dos produtos que son recollidos e posteriormente transformados destacan: wakame, leituga de mar, codium, kombu, espagueti de mar, trufa de mar e fucus.

O codium fresco trabállase case todo o ano, recolléndose cada semana, o resto do ano se ofrece en salazón. O produto máis traballado é o wakame en salazón e o kombu. Contan tamén cunha liña de produto conxelado, onde se pode atopar o espaguete de mar e a leituga de mar, o wkame e o kombu.

A empresa conta co seu propio plan de explotación, no cal se procedimenta que as algas son recollidas a man e procesadas nas instalacións da empresa, e que deben de ser algas de proximidade, é dicir a un máximo de 100 quilómetros de distancia da empresa.

No ano 2023 comezarán a cultivalas en “batea” a través de un sistema de boias con cordas.

HQSeaweed- Capitán Alga recolle, transforma e distribúe algas ecolóxicas comestibles de orixe galego a nivel nacional e internacional, xa que noutras culturas é un produto moi demandado.


capitanalga.es/

Coste do proxecto: 140.152,51€

Axuda pública: 32.010,91€

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

Algas La Patrona: as algas como recurso pesqueiro para emprender

ALGAS COMESTIBLES

Cristina patroa dun barco e muller dedicada ao mar e namorada del dende que veu os documentais de Jaques Cousteau, decide emprenderse na conserva de algas.

Poñendo o foco nun produto e actividade que ve como desaproveitada, a horticultura mariña, decide descubrir máis cousas sobre as algas e os beneficios que teñen para a saúde. E deste xeito pon todo o empeño para poder comercializalo e poñelo nas mans dos consumidores.

A preocupación pola saúde e o seu grande coñecemento pola mar, fanlle crear este proxecto no que cree e aposta. A emprendedora achega as cociñas un alimento que aporta múltiples beneficios.

A recolección, selección, supervisión, lavado, procesado e a posta en disposición do produto ao cliente, é realizado minuciosamente pola propia empresa.


algaslapatrona.com

Coste do proxecto: 58.799,68 €

Axuda pública: 24.297,39 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

Mamá Celia Sea Food

PEIXE E MARISCO TRANSFORMADO

Cunha longa experiencia na venta e tratamento de produto fresco, Mama Celia Seafood reinvéntase pensando nas novas tendencias de consumo, ofrecendo unha alternativa actual, sen perder a gran calidade do produto e cun alto valor nutricional. É dicir, un novo concepto de transformación e comercialización dos peixes e mariscos.

Neste proxecto mestúrase a idea dos take away e fast food nun só concepto. Así crean un modelo de negocio innovador que permite a degustación do produto da zona no local ou para levar. O formato de negocio fai accesible, para todos os públicos, produtos de primeira calidade. Presenta unha forma de levar o produto tradicional, local e de calidade aos públicos máis novos a partir dun formato familiar e de receitas atractivas e innovadoras. O servizo de atención é de 12:00 a 00:00 polo que se adapta a moitos estilos de vidas.

Trátase dun negocio comprometido e concienciado co medio ambiente. Ademais de apostar polos produtos locais da súa zona e empregan cubertos e envases biodegradables. Todos os seus produtos son artesanais e elaborados no propio local: empanadas, tempuras, perriños quentes, frituras de peixe.


mamaceliaseafood.com/

Coste do proxecto: 446.029,28 €

Axuda pública: 194.154,13 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

Peixes e Mariscos Nero: aproveitamento dos descartes

PATÉS ARTESANAIS

Iago con 26 anos e xa con 10 anos a bordo de diferentes barcos coma mariñeiro, agora é propietario da súa propia embarcación, María Piedad Dos na que sae todos os días pola ría de Muros e Noia procurando as mellores pezas de peixe e marisco e levalas a peixaría que rexenta.

Durante a pandemia e como pasou con outras actividades, veu mermada a súa actividade como consecuencia da baixada dos prezos do peixe e do marisco, momento no que comeza a pensar como pode salvar o negocio e saír reforzado.

Sabe que á semana ven tirando 50kg de descartes ou pezas con danos como o polbo con patas rotas e centolas que ían morrer. Este produto tendo a mesma calidade que o resto, non é apto para poñer a venta, e por elo este emprendedor decídese a ampliar o negocio da peixaría que rexenta introducindo unha nova liña de produtos, a elaboración de patés.

Os patés son elaborados de forma totalmente artesanal, comercializando os de polbo á galega, choco na súa tinta e de centola.

E ampliarase con outra variedade de patés como os de algas, de ourizos e de mexillóns.

Iago deste xeito consegue darlle saída aos produtos que captura e que teñen unha pronta caducidade ou non se poden poñer a venta. E observando a boa aceptación dos patés amplía o negocio e pon a venta albóndegas elaboradas con descartes de centola e de camarón.


facebook.com/peixesemariscosNERO/

Coste do proxecto: Non hai datos

Axuda pública: Non hai datos

Mar de Silleiro: a transformación e conservación como alternativa

CONSERVAS ARTESAIS

A limitación que supoñía a comercialización do percebe exclusivamente fresco, viuse como nunha oportunidade se o percebe se trataba e transformaba para ofrecelo en conserva.

27 percebelleiros/as, únense para atopar unha alternativa que complemente a súa actividade de extracción do percebe, conseguíndoa coa transformación e a conservación deste produto.

Así, unido a comercialización do percebe fresco, crean novos produtos derivados: percebe natural enlatado con e sen uña, paté de percebe con e sen algas mariñas.

Para a elaboración destas novas liñas de produto fan uso do percebe de menor valor comercial, como son aqueles de menor tamaño e que comercialmente son menos demandados ou non teñen saída.

Xunto ao percebe ven outra alternativa no ourizo de mar, ampliando con este recurso a liña de produtos introducindo: ovas de ourizo ao natural, paté de ourizo e paté de ourizo con percebe.


Coste do proxecto: 131.667 €

Axuda pública: 30.726,19 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca

currimar

Conservas Curricán: aproveitamento do coñecemento para emprender

CONSERVAS ARTESAIS

O saber facer de tres mulleres Nieves, Nuria e Placer na elaboración de conservas tradicionais para autoconsumo familiar con produto do mar, convértese nunha oportunidade de traballo.

Estas tres mulleres apoiadas pola familia viron no seu saber facer transformando os produtos do mar en conservas de peixe e marisco, unha alternativa de traballo.

Sendo as conservas que elaboran as de bonito, polbo, ostras e calamares

Nos inicios e para arrancar o proxecto acondicionaron as instalacións con equipamento (fornos, neveiras, superficies de traballo, etc), para poder preparar e envasar a maior cantidade de produtos en cada tarro.

Tamén foi fundamental o marketing para introducir os produtos da empresa no mercado.

Así e mantendo a tradición propia da zona, as tres emprendedoras elixen o mellor produto da zona para as súas conservas de peixe e marisco que se presentan en tarros de cristal.

As conservas currimar pódense atopar en tendas gourmet e dende o ano 2014 son empresa exportadora.


currimar.es/

Coste do proxecto: 53.165,67 €

Axuda pública: 31.874,26 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca