Bela Fisterra: hotel literario e responsable co medio ambiente
ALOXAMENTO, LITERATURA DO MAR E COMPROMISO AMBIENTAL
O Bela Fisterra é un concepto de hotel diferente, que o fai único e que se describe como hotel literario (o primeiro en Galicia).
A súa construción adopta a forma dunha cetaria no que os seus interiores están na maior parte dedicado á figura do poeta Alejandro Finisterre, sendo deste xeito un hotel con temática cultural.
O deseño do hotel baséase na literatura do mar, onde cada espazo fai referencia a autores que nalgún momento da súa traxectoria fixeron homenaxe ao mar. Estando cada habitación dedicada a unha obra e un autor, polo que cada estancia e xenuína e única
En cada habitación pódese atopar un código QR co que se accede a unha app con textos completos que explican a temática a que se dedica ese espazo, ademais dunha bibliografía completa do autor.
Tamén ofrece actividades como pesca, surf, kaiak, paseo en barco, aluguer de bicicletas.
Comprometidos co medio ambiente o Bela Fisterra é un hotel ecosostible e con conciencia ecolóxica, no que os xardíns están deseñados con vexetación autóctonas, utilizan a xeotermia para o quentamento das augas, aproveitan as augas fluviais para o rego e se alimenta de enerxía de baixo consumo para o aforro enerxético.
belafisterra.com/
Coste do proxecto: 1.127.870,08 € Axuda pública: 200.000 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca
Hospedium Cabo Sport Hotel: aloxamento, práctica deportiva e venta de artigos deportivos
ALOXAMENTO, ESPECIALIZADO EN TURISMO ACTIVO
Novo e innovador concepto de hotel que combina o aloxamento coa práctica de diferentes deportes, xunto a unha tenda onde se poden adquirir artigos para a práctica do deporte, a cal que se atopa moi preto do porto de Fisterra.
O establecemento ofrece á clientela non so o aloxamento, senón a práctica de actividades deportivas e de ocio nun entorno mariñeiro, como son os paseos en kaiak, as rutas de sendeirismo, pesca, saídas en bici, barranquismo, submarinismo, rutas guiadas en buggies…
E a maiores un establecemento comercial no que os seus hóspedes pódense adquirir calquera material deportivo que precisen.
O seu público obxectivo é a xente activa na procura de novas aventuras e experiencias que lles faga desfrutar do lugar que escolleron para o lecer, e participar en actividades no territorio como poden ser aquelas relacionadas co mar, como é neste caso.
Cabo Sport Hotel completa a súa oferta cunha sala de masaxe e de recuperación para despois de facer deporte, e lavandería autoservizo.
hcabosport.com
Coste do proxecto: Non hai datos Axuda pública: Non hai datos
O Mar da Preciosa: cultura, deporte e gastronomía
ALOXAMENTO E EXPERIENCIAS MARIÑEIRAS
Hotel que potencia o turismo tranquilo, de inmersión na cultura local e o contacto coa natureza. A través das actividades que ofrece ven a poñer en valor o patrimonio cultural e marítimo sempre dende unha perspectiva sustentable e tendo en conta a inclusión social.
Ofrece hospedaxe con experiencias únicas á clientela, involucrándoa coa necesidade de coidar os recursos e velar polo seu mantemento, como son: as rutas planificadas con mariscadores/as e pescadores/as locais; taller de achegamento a cultura mariñeira; viaxe pola vida dos/as mariscadores/as, coñecendo ao detalle a súa xornada laboral, aprendizaxe das artes de marisqueo e as especies que se capturan na costa.
A actividade coas mariscadoras faise cun acompañamento ao longo do proceso completo a pé de ría e costa, dende a sembra ata a súa comercialización, e faise entender as complexidades e riscos deste arte. Para entender o funcionamento do faro e a súa importancia realizan a ruta Faro Vilán. Na costa, faise un percorrido pola historia dos naufraxios.
Xunto a estas actividades tamén ofrecen a práctica de deportes no mar: paddle surf, surf, vela, kayak, windsurf; gastroexperiencias: tour gastronómico con visita ao mercado, compra de produto e elaboración do menú e a súa degustación, e showcookings.
omardepreciosa.com/
Coste do proxecto: 298.511,32 € Axuda pública: 104.851,87 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca
La Bayonnaise 1803: galeón con cociña elaborada e exposición de patrimonio subacuático
COCIÑA DE ESPECIES INFRAVALORADAS
Recollendo a cultura e patrimonio local relacionado co mar, ábrese un negocio de restauración recreado nun galeón naufragado no ano 1803 (La Bayonnaise) fronte a costa de Fisterra. A decoración deste establecemento está dedicada ao patrimonio subacuático da localidade e ao naufraxio do galeón que foi construído como buque corsario.
O produto que ofrece diferénciase do resto dos establecementos de restauración por apostar polo consumo de especies do mar infravaloradas transformándoas a través dunha cociña elaborada, como a cabala, o xurelo ou a raia.
Tamén innovan nos seus pratos introducindo as algas como ingrediente.
O seu promotor aposta por poñer en valor especies infravaloradas como a cabala, o congro, e ofrece tamén polbo en diferentes modalidades, coa intención de que a clientela o valore ao igual que outros pescados e mariscos que están máis recoñecidos.
Con esta tipoloxía de restaurante non so se ofrece o servizo de restauración, senón que tamén se quere transmitir o contido do patrimonio subacuático local de Fisterra. Pretendendo deste xeito facer unha homenaxe a aquelas persoas que perderon a vida ou sufriron un accidente marítimo.
Na Bayonnaise tamén se fai promoción e difusión das rutas dos naufraxios en Fisterra.
labayonnaise.com/
Coste do proxecto: 84.327,01 € Axuda pública: 32.450,53 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca
A Lonxa D´Álvaro: restaurante e lonxa
ESPAZO GASTRONÓMICO E CULTURAL
Creación de restaurante innovador por parte dunha familia mariñeira que pretende recuperar a preparación tradicional dos diferentes peixes da zona.
A Lonxa D´Álvaro ven sendo un espazo gastronómico que combina a gastronomía e a cultura mariñeira, ofrecendo nas súas instalacións un servizo que pretende trasladar ao cliente a vivencia dunha lonxa de porto pesqueiro.
Neste espazo gastronómico e a vez cultural, créase unha forma orixinal de dar a coñecer á clientela a tradición da cultura mariñeira ofrecéndolles a posibilidade de poder puxar polo produto que desexa degustar, meténdose deste xeito de cheo na actividade que se fai nunha lonxa.
Dentro do restaurante é onde se atopa a zona de puxa dos produtos, que se realiza a través das novas tecnoloxías para que a clientela faga a súa puxa polo prato que nese momento sae.
Outra peculiaridade deste restaurante e que dentro da zona do comedor cada comensal conta cun sistema de extracción do aire para que podan prepararse pescados á brasa e afumados.
alonxadalvaro.com/
Coste do proxecto: 348.229 € Axuda pública: 123.823,62 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca
Benboa: restaurante- cetaria- mercado e obradoiro
COCIÑA INNOVADORA CON ESPECIES INFRAVALORADAS
Restaurante nado da man de dous promotores, Carlos e Rubén no porto de Corrubedo en Ribeira. Estes promotores apostan na súa andaina por un desenvolvemento sostible e pola pesca artesanal, poñen a disposición da clientela a experiencia de ver o marisco vivo e a oportunidade de adquirir e ver como se preparara o peixe e marisco, para poder degustalo nun mesmo lugar.
Os seus promotores transforman unha antiga fábrica de salgadura para ofrecer nun mesmo lugar restaurante, taberna con terraza, unha cetárea de mariscos e un pequeno obrador de pratos refrixerados.
Sen deixar de apostar pola pesca artesanal desenvolven novas estratexias de comercialización cos produtos do mar e poñen en marcha unha nova liña de produtos transformados do mar. Para elo fan proveito dos subprodutos de especies de baixo valor comercial, obtendo así novas propostas no Benboa cun alto valor engadido como son os snacks saudables, as conservas afumadas e ecolóxicas e embutidos afumados, utilizando para a súa elaboración descartes de e especies infravaloradas de peixes e mariscos procedentes da flota artesanal local.
Estes novos produtos que ofrecen van pensados fundamentalmente na poboación sénior e infantil, ofrecendo texturas e sabores adaptados a esta clientela, non deixado de ser saudables e baixos en sodio e ricos en ácidos graxos omega3.
No Benboa ademais aplícase a economía circular en toda a cadea RTE de produtos do mar, reducindo a pegada de carbono mediante a utilización de enerxías renovables, implantación do eco- deseño na confección do packaging e por suposto utilizando subproductos no procesamento de especies de pescado de baixo valor comercial para obter novos produtos de alto valor engadido.
benboa.com/
Coste do proxecto: 46.6177,60 € Axuda pública: 18.6471,03 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca