COCIÑA INNOVADORA CON ESPECIES INFRAVALORADAS

Restaurante nado da man de dous promotores, Carlos e Rubén no porto de Corrubedo en Ribeira. Estes promotores apostan na súa andaina por un desenvolvemento sostible e pola pesca artesanal, poñen a disposición da clientela a experiencia de ver o marisco vivo e a oportunidade de adquirir e ver como se preparara o peixe e marisco, para poder degustalo nun mesmo lugar.

Os seus promotores transforman unha antiga fábrica de salgadura para ofrecer nun mesmo lugar restaurante, taberna con terraza, unha cetárea de mariscos e un pequeno obrador de pratos refrixerados.

Sen deixar de apostar pola pesca artesanal desenvolven novas estratexias de comercialización cos produtos do mar e poñen en marcha unha nova liña de produtos transformados do mar. Para elo fan proveito dos subprodutos de especies de baixo valor comercial, obtendo así novas propostas no Benboa cun alto valor engadido como son os snacks saudables, as conservas afumadas e ecolóxicas e embutidos afumados, utilizando para a súa elaboración descartes de e especies infravaloradas de peixes e mariscos procedentes da flota artesanal local.

Estes novos produtos que ofrecen van pensados fundamentalmente na poboación sénior e infantil, ofrecendo texturas e sabores adaptados a esta clientela, non deixado de ser saudables e baixos en sodio e ricos en ácidos graxos omega3.

No Benboa ademais aplícase a economía circular en toda a cadea RTE de produtos do mar, reducindo a pegada de carbono mediante a utilización de enerxías renovables, implantación do eco- deseño na confección do packaging e por suposto utilizando subproductos no procesamento de especies de pescado de baixo valor comercial para obter novos produtos de alto valor engadido.


benboa.com/

Coste do proxecto: 46.6177,60 € 

Axuda pública: 18.6471,03 €

*Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca