ACTIVIDADES NÁUTICO – DEPORTIVAS
Co o obxectivo de tentar paliar a estacionalidade impúlsase un novo concepto de turismo cunha oferta de actividades vencelladas ao mar
No complexo turístico de After Surf ofrécense diferentes servizos como aloxamento, alimentación saudable, práctica do deporte, desfrute da natureza e lecer.
Pretendendo con esta oferta fusionar tres conceptos a hostalería, o deporte e o mar.
O que After Surf difunde é a integración dentro dun complexo turístico que ofrece tres actividades complementarias entre si. E que pretenden dar as maiores opcións posibles para a comodidade da clientela.
- Hostalería saudable: na que se ofrece produto do mar e de proximidade xunto a outras opcións.
- Pensión: para dar aloxamento tanto a aquelas persoas que participen en actividades organizadas pola empresa, como a persoas que veñan a desfrutar do emprazamento.
- Escola de deportes náuticos: adaptada a persoas con diversidade funcional e con espazos para realizar exercicios a beira do mar. A clientela pode elixir entre diferentes opcións de práctica deportiva sempre relacionada co mar como son a práctica de surf, o paddle surf e surf skate.
En todas as actividades que se desenvolven realízase divulgación e sensibilización para desfrutar do mar de forma sustentable, con información sobre o medio mariño as especies que nel viven e o coidado que merecen.
after.surf
Coste do proxecto: 510.896,25 € Axuda pública: 200.000 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca