ESPAZO GASTRONÓMICO E CULTURAL
Creación de restaurante innovador por parte dunha familia mariñeira que pretende recuperar a preparación tradicional dos diferentes peixes da zona.
A Lonxa D´Álvaro ven sendo un espazo gastronómico que combina a gastronomía e a cultura mariñeira, ofrecendo nas súas instalacións un servizo que pretende trasladar ao cliente a vivencia dunha lonxa de porto pesqueiro.
Neste espazo gastronómico e a vez cultural, créase unha forma orixinal de dar a coñecer á clientela a tradición da cultura mariñeira ofrecéndolles a posibilidade de poder puxar polo produto que desexa degustar, meténdose deste xeito de cheo na actividade que se fai nunha lonxa.
Dentro do restaurante é onde se atopa a zona de puxa dos produtos, que se realiza a través das novas tecnoloxías para que a clientela faga a súa puxa polo prato que nese momento sae.
Outra peculiaridade deste restaurante e que dentro da zona do comedor cada comensal conta cun sistema de extracción do aire para que podan prepararse pescados á brasa e afumados.
alonxadalvaro.com/
Coste do proxecto: 348.229 € Axuda pública: 123.823,62 € *Datos publicados pola Red Española de Grupos de Pesca